RESOLVEMOS TODAS AS TÚAS DÚBIDAS

Preguntas frecuentes

Que é un Seguro de Vida?

É un produto que contratas para responsabilizarte da tranquilidade e o futuro da túa familia en caso de finamento ou dunha invalidez ou enfermidade grave. De ocorrer isto, os beneficiarios do seguro reciben unha cantidade de diñeiro denominada «capital». Esta protección financeira permitiravos, a ti e ás túas persoas queridas, conservar a calidade de vida e proseguir os vosos proxectos.

Canto custa o Seguro de Vida?

Segundo o capital elixido, pagarás unha prima máis alta ou máis baixa, aínda que hai tamén outros factores que inflúen no seu prezo, como a túa idade ou os riscos asociados á túa profesión e actividades de ocio. Se o risco é elevado, aplícase unha recarga á prima. O pagamento da prima pódese realizar de forma anual, semestral ou trimestral. Nesta páxina web, poderás contratar o teu seguro de vida e calcular a túa tarifa.

Que cobre o Seguro de Vida?

A garantía fundamental e imprescindible nun seguro de vida é a de finamento por calquera causa, sexa por enfermidade, sexa por accidente. Neste caso, Asisa Vida cobre o pagamento do capital contratado aos teus beneficiarios. Isto é o que coñecemos como seguro básico. Para complementar o seguro básico, podes engadir outras opcións: incapacidade permanente e absoluta por calquera causa, finamento por accidente, finamento por accidente de circulación, incapacidade permanente e absoluta por accidente e incapacidade permanente e absoluta por accidente de circulación. Cada unha delas implica o pagamento do capital contratado na garantía principal.

Que vantaxes ofrece Asisa Vida?
  • Confianza. Sabes que Asisa Vida pagará o capital contratado, sexa cal sexa.
  • Compromiso. Asisa leva máis de 35 anos preocupándose da saúde dos seus asegurados e agora Asisa Vida ocuparase tamén de que aos teus non lles falte nada se ti non estás.
  • Flexibilidade. Podes contratar calquera capital a partir de 18.000 euros.
  • Posibilidade de asegurarte aínda que as túas actividades profesionais ou de ocio comporten prácticas de risco.
  • Non hai recarga por fraccionar o pagamento.
Glosario de termos clave
  • Capital asegurado: o diñeiro que, en caso de finamento, recibirán os teus herdeiros ou ti mesmo, como asegurado, en caso de incapacidade permanente e absoluta. En xeral, é a cantidade establecida na póliza que representa o límite máximo da indemnización para cada unha das garantías.
  • Prima: o prezo anual do seguro. Actualmente, en Asisa Vida, eliminamos a recarga por fraccionamento neste produto.
  • Asegurador: ASISA VIDA SEGUROS S.A.U., entidade emisora da póliza que asume a cobertura dos riscos dentro dos límites pactados.
  • Asegurado: a persoa que figura no contrato e sobre quen se establece o seguro, de xeito que o seu finamento ou invalidez orixinan o pagamento do capital contratado.
  • Beneficiario: cada unha das persoas designadas polo tomador do seguro para o cobramento das indemnizacións que correspondan derivadas da póliza. En caso de que o beneficiario sexa o banco, para a cancelación do capital pendente dunha hipoteca, hai que indicar a entidade bancaria e o número de conta da devandita hipoteca.
  • Tomador: a persoa que, xunto co Asegurador, subscribe a póliza.
  • Póliza: o documento que contén as condicións reguladoras do seguro.
Chama ao 911 965 048
contratacionvida@asisavida.es

Horario de atención

De luns a venres.
De 9 a 14h e de 16 a 18.30h.